Causa desfeitas no Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo

Publicado por o día 09/11/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Causa desfeitas no Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo

Os xulgados de Vigo foron escenario dunha rocambolesca escena esta madrugada, ao redor das 4,30 horas da madrugada un home entrou no Xulgado de Vigo causando serias desfeitas no vestíbulo e danando o Xulgado de Violencia sobre a Muller. Un home conseguiu acceder ao inmoble rompendo a porta principal cun obxecto contundente (unha pedra ao parecer) e acampar ás súas anchas polo edificio ata que el mesmo decidiu irse a un bar e avisar ás forzas de seguridade do que fixera.

O home está detido e, segundo informou Vicepresidencia, a Xunta está a traballar xa para intentar restablecer a normalidade «tras vos incidentes desta noite, cando unha persoa logrou acceder ás dependencias e ocasionou dános non mobiliario e equipamento». Polo momento descoñécese se puido ocasionar danos sobre o material informático, aínda que nun primeiro momento descártase que puidese levar algunha documentación que se garda nestas dependencias.

Varios operarios acudiron pola mañá para repoñer o cristal da entrada e tanto director xeral de Xustiza, Juan José Martín, como o xuíz decano de Vigo, Germán Serrano, acudíron esta mañá en dependencias xudiciais para coñecer o alcance dos feitos, durante todo o fin de semana traballarase para repor o mobiliario e os equipamentos afectados co obxectivo de que o luns se poida traballar con normalidade.

O home avisou ao 091 cando se atopaba aínda no Xulgado, aínda que logo escapou. O individuo realizou un asegunda chamada e dirixiuse a unha cafetería, onde informou de novo á Policía. Finalmente foi arrestado sobre as cinco da madrugada, decatándose os axentes de que o home estivera implicado noutros dous incidentes na cidade na mesma noite.

Comentar noticia

Your email address will not be published.