Cazan a un amigo do alleo subtraendo botellas de alcol na zona de Portanet

Publicado por o día 27/04/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Cazan a un amigo do alleo subtraendo botellas de alcol na zona de Portanet

Malos tempos para os amigos do alleo, isto é o que debeu pensar F. A. R. C, de Pontevedra e afincado en Vigo de 43 anos de idade.

O pasado venres ás 17:08 horas decidiu furtar varias botellas de alcol, dun supermercado na zona de Portanet.

Responsables do establecemento, realizaron a pertinente chamada á Sala de Comunicacións do 092 da Policía Local de Vigo, facilitando a descrición do individuo.

Coas restricións de tránsito, non foi difícil localizar ao aludido a uns 300 metros do local, co botín aínda no seu poder .

Os axentes confeccionaron o pertinente informe, e actas de denuncia por delito leve de furtou.