Axentes do SINTRA, realizaron labores de vixilancia e control de vehículos, encadradas no ámbito da seguridade viaria.
Así na mañá de onte ás 12:14 horas, atopábanse realizando unha inspección de transportes na estrada de Clara Campoamor, procederon á inspección dun furgón de mercadorías.
Observaron que o vehículo tiña unha das súas rodas parcialmente desinflada, situación que afecta á adherencia do vehículo, e por extensión á seguridade.
Entrevistándose co condutor, F. C. E, de Gondomar e 43 anos de idade, detectaron que mostraba signos externos do consumo recente de substancias estupefacientes.
En consecuencia procederon a sometelo á preceptiva proba de detección de drogas, arroxando un resultado positivo en cocaína e cannabis.
Cursouse a correspondente denuncia administrativa por este tema, así como polo estado do pneumático, co apercibimento de proceder á inmobilización do vehículo de non ser emendada esta anomalía.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.