Cazan infraganti a un individuo manipulando un vehículo na rúa Progreso

Publicado por o día 25/11/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Cazan infraganti a un individuo manipulando un vehículo na rúa Progreso

Esta mesma madrugada, ás 01:30 horas recibíase unha chamada na Sala de Comunicacións do 092 da Policía Local de Vigo, alertando sobre un posible roubo en interior de turismo na Rúa Progreso.

O alertante indicou que observou a un home introducirse nun vehículo e estaba a revolver o interior.

No operativo colaboraron unidades da Policía Local de Vigo e de paisano do CNP, confluíndo no punto obxecto da chamada e comprobando que neses momentos estaba a producirse unha discusión entre varias persoas.

Unha delas resultou ser a propietaria do vehículo que estaba a ser violentado, M. O. S. A, de Vigo e 52 anos de idade, que estaba acompañada por dous homes e discutía cun terceiro.

A citada manifestou que ao chegar ao seu vehículo atopou tombado no asento do condutor ao agora detido mentres manipulaba a caixa de fusibles, increpándolle por este feito.

O home baixouse do vehículo e encarouse coa condutora insultándoa, momento en que chegaron as unidades policiais.

Revisouse o interior do vehículo, observando a caixa de fusibles aberta. A maiores o agora citado portaba un xogo de chaves que a muller manifestou perténcenlle e gardaba na guantera.

Por estes feitos, procederon á detención do citado R. G. G, sen domicilio coñecido e 45 anos de idade, pola comisión dun delito de roubo en grao de tentativa.