CCOO acusa ao SERGAS de mala fé na negociación do Plan de Igualdade

Publicado por o día 26/12/2018 na sección de CC.OO,Sanidad,Sindicatos

CCOO acusa ao SERGAS de mala fé na negociación do Plan de Igualdade

A Federación de Sanidade de CCOO, ante a nova publicada no día de na prensa na que o SERGAS anuncia a estrea do seu I Plan de Igualdade, quere manifestar o seguinte:

Non existe ningún plan de igualdade no SERGAS, só se constituiu a comisión de igualdade, a requerimento da Inspección de Traballo a instancias dunha denuncia presentada por CCOO.

O SERGAS leva oito anos de retraso na creación deste plan, e CCOO non vai que o tema se lle dea carpetazo a toda présa e sen as garantías e mecanismos que a Lei de Igualdade de Homes e Mulleres recolle.

O día nove de xaneiro, estamos de novo emprazados a unha reunión na Inspección de Traballo para comprobar o cumplimento do seu requerimento de posta en marcha do plan. Nesa xuntanza CCOO esixirá o establecemento dun calendario de negociación pactado.

CCOO acusa ao SERGAS de mala fé negociadora, polo que esiximos unha negociación axustada á lei, a confidencialidade dos datos ata o remate da negociación e unha verdadeira vontade negociadora por todas as partes.