CCOO acusa o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo de querer «liquidar» o sector naval

O Sindicato Comarcal de Industria de CCOO de Vigo acusa o presidente da Autoridade Portuaria de querer «liquidar» o sector naval. O sindicato acusa a Enrique López Veiga de se «extralimitar» nas súas funcións, xa que as accións que executou contra o proceso de reindustrialización das instalacións do estaleiro Vulcano, en Teis, non son competencia directa súa.
Publicado por o día 31/01/2020 na sección de CC.OO,Galicia,Naval,Sindicatos,Vigo

CCOO acusa o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo de querer «liquidar» o sector naval

O Sindicato Comarcal de Industria de CCOO de Vigo acusa o presidente da Autoridade Portuaria de querer «liquidar» o sector naval. O sindicato acusa a Enrique López Veiga de se «extralimitar» nas súas funcións, xa que as accións que executou contra o proceso de reindustrialización das instalacións do estaleiro Vulcano, en Teis, non son competencia directa súa.

Segundo CCOO, López Veiga «usurpou» o poder de decisión do Consello do porto, xa que os propios estatutos dos Portos do Estado sinalan no artigo 21.h que son competencia deste organismo «o exercicio das accións e recursos que correspondan a Portos do Estado en defensa dos seus intereses ante as Administracións públicas e Tribunais de Xustiza de calquera orde, grao ou xurisdición».

O devandito artigo sinala que só «en caso urxente» poderá ser exercida polo presidente esta facultade, dando conta inmediata na primeira reunión do Consello Reitor do porto.

Por esta razón, CCOO pediu, a través do seu delegado no Consello, que na próxima reunión se vote a retirada do recurso presentado por López Veiga no Xulgado do Mercantil contra o proxecto de reindustrialización de Factorías Vulcano.

Por último, CCOO insta a Xunta a situarse «claramente», ben sexa do lado do sector naval ou, pola contra, a carón de López Veiga.