A executiva comarcal da federación de sanidade de CCOO de Vigo, ante o primer paso de Integración funcional por áreas anatómicas das resonancias magnéticas na EOXI de Vigo, apoiamos rotundamente esta integración, pero nos vamos moito mas ala.
Dende sempre opusémonos a creación do Instituto Galego de Medicina Técnica (Medtec) e postreriormente GALARIA como ente autónomo, para prestar servizos Sanitarios na área sanitaria de Vigo e posteriormente en Ourense, pedindo a súa integración na rede sanitaria do SERGAS.
En Novembro de 2008, cando se aproba pola Conselleria de Sanidade da Xunta de Galicia do Bipartito, que os servizos sanitarios adscritos ó Instituto Galego de Medicina Técnica (Medtec), os servizos de ciruxia cardíaca, radioterapia, hemodinámica, medicina nuclear e resonancia magnética de Medtec de Vigo, así como os servizos de medicina nuclear de Ourense, comezaran a ser xestionados polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) a partir do 2009. Non soio apoiamos dita integración, senón que firmamos un acordo de integración do propio persoal no Sergas. Esta integración a data de hoxe sigue sen realizarse, mantendo estes servizos o marxen do Sergas e como nichos de parasitación do sistema, xerando unha atención sanitaria ineficiente, con duplicidade de exploracións o exploracións inadecuadas. A integración beneficiaria a calidade asistencial, o evitar a fragmentación e discontinuidade asistencial de cara o paciente, ós profesionais e ao Hospital.
Por elo CCOO, coida beneficioso a integración funcional destes servizos e profesionais, pero é necesaria a integración real destos e outros servizos de Galaria na rede do SERGAS e na EOXI de Vigo como estaba acordado no DECRETO do 2009
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.