CCOO apoia as demandas dos traballadores dos PAC (puntos de atención continuada) da área sanitaria de Vigo polas súas condicións de traballo.

A federación de sanidade de CCOO de Vigo apoia as demandas do persoal médico e de enfermaría dos PAC da área sanitaria de Vigo.
Publicado por o día 10/01/2018 na sección de CC.OO,Galicia,Sanidad,Sindicatos,Vigo

CCOO apoia as demandas dos traballadores dos PAC (puntos de atención continuada) da área sanitaria de Vigo polas súas condicións de traballo.

A federación de sanidade de CCOO de Vigo apoia as demandas do persoal médico e de enfermaría dos PAC da área sanitaria de Vigo.

O persoal dos PAC reclama que se dote de equipos de persoal suficientes aos PAC para poder dar unha atención de calidade aos cidadáns. Neste senso nestes días o colapso nestes centros, que se ocupan das urxencias extrahospitalarias é palpable. Semella que a xerencia en vez de reforzar os equipos de traballo, aposta por incrementar as horas de traballo do persoal.

Por outra banda o persoal reclama que a súas retribucións nos días festivos e as noites se igualen ao resto do persoal do SERGAS, aspecto no que se ven prexudicados xa que na actualidade perciben o 80% das retribucións que se lle asignan ao resto do persoal da sanidade pública.

Este persoal ven de manter recentemente reunións coas organizacións sindicais nas que plantexaron as súas reivindicacións e próximamente solicitarán reunirse coa Xerencia da área sanitaria para tratar de dar solución á situación que veñen padecendo.