CCOO apoia a convocatoria da Xunta de Persoal da concentración do martes 13 pola apertura de tódalas camas do Hospital do Meixoeiro

CCOO apoia a convocatoria da XUNTA de PERSOAL dunha CONCENTRACIÓN o vindeiro martes día 13 ás 11 horas no HOSPITAL do MEIXOEIRO
Publicado por o día 12/12/2016 na sección de CC.OO,Protestas,Sanidad,Sindicatos,Vigo

CCOO apoia a convocatoria da Xunta de Persoal da concentración do martes 13 pola apertura de tódalas camas do Hospital do Meixoeiro

CCOO apoia a convocatoria da XUNTA de PERSOAL dunha CONCENTRACIÓN o vindeiro martes día 13 ás 11 horas no HOSPITAL do MEIXOEIRO.

CCOO denuncia a situación sanitaria de Vigo e a súa comarca: as maiores listas de espera de Galicia e das maiores de España, colapsos nas urxencias, recorte de profesionais e servizos, corcertos privados en aumento. E mentres isto sucede, desmantelan o Hospital do Meixoeiro, pechan moitas das súas camas e pechan a UCI o que impide acometer intervencións cirúrxicas de certa complexidade.

A sanidade non pode ser un negocio. A xestión privada do Hospital Álvaro Cunqueiro e o concerto con POVISA supón para os contribuintes pagar cada ano 150 millóns de euros sen que repercuta nunha mellor sanidade, mais ben todo o contrario.

CCOO sen recunciar ao rescate do Hospital Álvaro Cunqueiro para a sanidade pública, apoia as reivindicacións da Xunta de Persoal de esixir a apertura de TÓDALAS CAMAS DO HOSPITAL DO MEIXOEIRO e DOTALO DUNHA VERDADEIRA UNIDADE DE CRÍTICOS.

Cartaz do apoio