CCOO chama a participar hoxe nas concentracións feministas contra a ameaza da extrema dereita

Terán lugar en varias cidades e vilas galegas baixo o lema «os nosos dereitos non se negocian!»
Publicado por o día 15/01/2019 na sección de CC.OO,Sindicatos

CCOO chama a participar hoxe nas concentracións feministas contra a ameaza da extrema dereita

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) chama a participar mañá martes, 15 de xaneiro, nas concentracións convocadas polo movemento feminista contra a ameaza da extrema dereita. As mobilizacións terán lugar en varias cidades e vilas galegas baixo o lema «os nosos dereitos non se negocian!».

CCOO, organización que forma parte do movemento feminista galego, reproba que determinadas formacións políticas pretendan pór en cuestión os avances en materia de igualdade que se conseguiron grazas a moitos anos de loita.

«O que precisamos é reforzar os mecanismos de protección ás mulleres, non matizalos como pide a dereita nin desmantelalos como pretende sen pudor a extrema dereita», afirma Mamen Sabio, secretaria de Muller, Igualdade e Migracións de CCOO de Galicia.

Por esta razón, CCOO fai un chamamento á súa afiliación e ao resto da sociedade para que participe nas accións convocadas polos colectivos feministas.

Concentracións 15 de xaneiro

— A Coruña. Ás 20 horas no Obelisco
— Ferrol. Ás 20 horas na praza da Constitución
— Santiago de Compostela. Ás 20 horas na praza 8 de Marzo
— Ribeira. Ás 20 horas na praza do Concello
— Lugo. Ás 19:30 diante do Concello
— Sarria. Ás 20 horas na praza da Constitución (diante do Concello)
— Monforte de Lemos. Ás 20 horas na praza de España
— Ourense. Ás 19 horas diante da Subdelegación do Goberno (parque de San Lázaro)
— Viana do Bolo. Ás 18 horas na praza Maior
— Pontevedra. Ás 19 horas na praza da Peregrina
— Vigo. Ás 20 horas diante do MARCO
— Lalín. Ás 20:30 horas na praza da Igrexa