CCOO dá por pechado o conflito en Fandicosta

Considera positivo o acordo logrado após tres días de folga
Por o 27/03/2018 | Sección: CC.OO,Sindicatos
CCOO dá por pechado o conflito en Fandicosta

A Federación de Industria de CCOO considera moi positivo o acordo ao que se chegou após tres días de folga en Fandicosta e dá por pechado o conflito. Entre outros aspectos, non haberá máis despedimentos inxustificados, serán contratadas 17 persoas de xeito indefinido e limitarase a contratación mediante ETT a un 20 % do cadro de persoal (agora está no 70 %).

Así mesmo, farase unha análise dos postos de traballo consolidados que ocupa persoal das ETT, para a posible transformación en contratos indefinidos e limitouse o uso das cámaras de vixilancia a casos moi xustificados, pero nunca facer presión sobre o persoal.

CCOO lamenta que outros sindicatos «non se puxeran do lado dos traballadores e das traballadoras» neste longo conflito, que comezou en abril do ano pasado cunha asemblea na que o persoal trazou a «folla de ruta» coas súas reivindicacións e como conseguir o seu cumprimento.

Por último, CCOO salienta a unidade do cadro de persoal como «elemento clave» para chegar a este acordo, unidade que «agardamos que continúe de aquí en diante».