Segundo a Federación de Construción e Servizos de Comisións Obreiras (FCS-CCOO), malia que a CIG ten a maioría sindical e é a primeira forza do sector (máis do 50 % de representatividade), non amosa interese ningún en iniciar as negociacións dun novo convenio e loitar por subas salariais.
CCOO lamenta a pasividade e conivencia, ou comenencia, da CIG coa patronal do sector. A Federación de Construción e Servizos non entende que intereses pode ter o sindicato maioritario para deixar morrer o convenio. Desde xaneiro deste ano non se promoveu ningunha nova xuntanza, nin se achegou borrador de novo convenio; tampouco se fixo proposta de incrementos salariais ou de dereitos.
Comisións Obreiras non vai consentir que, por culpa do desleixo da CIG, o persoal do sector na Coruña quede desprotexido, sen convenio actualizado nin suba salarial, que si teñen no resto do país. Por esta razón, nos próximos días Comisións remitiralle á patronal unha proposta de novo convenio, con suba salarial, para obrigar as partes a negociar.
Noticias de última hora en Vigo