CCOO denuncia a gravidade das listas de espera cirúrxicas nos hospitais de Vigo e non comparte os datos “sesgados” que publica o SERGAS

Novamente o peche de camas no período do verán nos hospitais de Vigo suporá un incremento das listas de espera.
Por o 22/07/2019 | Sección: Galicia,Sanidad,Vigo
CCOO denuncia a gravidade das listas de espera cirúrxicas nos hospitais de Vigo e non comparte os datos “sesgados” que publica o SERGAS
Compartir en:

A Federación de Sanidade de CCOO de Vigo, denuncia as listas de espera nos hospitais de Vigo, as máis grandes de Galicia.

CCOO considera “sesgados” os datos que publica o Xerente do SERGAS xa que non recollen a lista de espera non estructural.

CCOO non comparte o triunfalismo co que cada verán o SERGAS presenta os datos de incremento de actividade. Os cidadáns son os que realmente coñecen a realidade de ter que agardar meses, cando non anos para unha intervención.

Agora co verán chega un novo peche de camas, o que suporá o incremento das mencionadas listas de espera.

CCOO esixe a posta en funcionamento de todas as camas, e insiste nun plan de choque, aproveitando a baixada da actividade nos meses de verán, para reducir sustancialmente a espera dos doentes na área de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.