A Federación de Sanidade de CCOO de Vigo ven de presentar unha denuncia perante a Inspección de traballo pola situacion que está a padecer o persoal de Enfermaria do servizo de escolares ubicado na vela F do Hospital Alvaro Cunqueiro.
Dende o traslado ao novo hospital, o persoal conta cun cuarto para preparar a medicacion dos nenos que carece de luz natural, ventilacion axeitada , espazo suficiente para poder traballar en condicions, mesado para preparar a medicacion insuficiente , altas temperaturas e un largo etcétera de inconvintes que fan moito máis penoso o desenvolvemento do seu traballo.
Os traballadores e traballadoras deste hospital, así como as organizacions sindicais teñen reclamado en moitas ocasions unha solución, pero xerencia fai caso omiso e segue sen tomar as medidas oportunas para poder subsanar a situación.
Dende CCOO queremos denunciar, unha vez máis, a nula comunicacion da dirección cos traballadores e a súa falta de interés polas condicións de traballo do persoal.
Noticias de última hora en Vigo