CCOO denuncia incumprimento do plan de vacinación fronte á covid-19 por parte dalgunhas xerencias das áreas de saúde

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia denuncia que as xerencias dalgunhas áreas sanitarias están a incumprir as instrucións do Sergas canto ao proceso de vacinación fronte á covid-19. Segundo detectou o sindicato, algunhas xerencias vacinaron persoal de segunda liña sen facelo antes co de primeira, e mesmo administraron vacinas en hospitais libres de covid-19.

CCOO esixe que se respecten «estritamente» as instrucións do Sergas, procedendo á vacinación «urxente» de todo o persoal de primeira liña que non fora vacinado a día de hoxe.

O sindicato reclama tamén uns «criterios homoxéneos» para a vacinación do resto do persoal da sanidade, «evitando a discrecionalidade, que está a crear moito malestar entre o persoal». Por último, a Federación de Sanidade de CCOO critica o «escurantismo» das xerencias á hora de facilitarlles aos sindicatos información sobre a xestión e os criterios de orde de vacinación do persoal que aínda non foi vacinado.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM