CCOO denuncia o boicot por parte da xerencia da EOXI de Vigo á folga das auxiliares de enfermaría

Por o 22/06/2018 | Sección: CC.OO,Galicia,Sanidad,Sindicatos,Vigo
CCOO denuncia o boicot por parte da xerencia da EOXI de Vigo á folga das auxiliares de enfermaría

A Federación de Sanidade de CCOO de Vigo, denuncia o boicot que a xerencia da Eoxi de Vigo está a facer á folga do persoal técnico en coidados de enfermaría (TCAES).

Tralo éxito da primera xornada de folga, que acadou un seguimento do 80 %, e que supuxo a suspensión de intervencións cirúrxicas e probas funcionais polo seguiento do personal da folga ,na segunda xornada de folga a xerencia non programou probas para no ter que suspendelas, tentando así de que a folga teña menor repercusión. Do mesmo xeito o persoal foi presionado pola dirección para que asumise, como si dunha tarefa urxente se tratara, o transporte das bolsas de ropa nas xornadas de folga. Na xornada de onte a folga tivo un seguimento dunr 75% e repetíronse as suspensións de intervencións e probas.

Desde CCOO esixen que a xerencia empregue o seu esforzo en dar unha solución á situación e non en boicotear a folga para que teña unha menor repercusión.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.