CCOO denuncia o peche de camas nos hospitais de Vigo, mentres a comarca mantén as maiores listas de espera de Galicia

Por o 14/05/2019 | Sección: CC.OO,Galicia,Sanidad,Sindicatos,Vigo
CCOO denuncia o peche de camas nos hospitais de Vigo, mentres a comarca mantén as maiores listas de espera de Galicia

A federación de sanidade de CCOO da comarca de Vigo denuncia o peche de camas na área sanitaria de Vigo. O peche de camas deste verán afecta a máis dun 20% das camas existentes nesta área. 190 das mesmas pertencen ao Hospital do Meixoeiro, o que supón o 60% do total de camas deste hospital. En total o peche de camas no mes de agosto é de 260. Semella que as promesas do conselleiro de convertir o Meixoeiro nun “gran centro” hospitalario convírtense unha vez mais en papel mollado.

Para CCOO o peche de camas de Vigo, ven a demostrar o nulo interés por combatir eficazmente as listas de espera desta área sanitaria.

Os meses de verán son idóneos para reducir as listas de espera, xa que non se dan as cirucunstacias do inverno, cando acuden moitos doentes neumolóxicos de xeito que se bloquean os quirófanos. Necesitamos todas as camas e os quirófanos funcionando de mañán e tarde.

Queremos lembrar o estudo feito por CCOO hai agora 5 anos, no que se demostraba que con todos os recursos funcionando, e con una contratación de tarde nos 3 meses do verán, poderíamos reducir as esperas en 4.680 pacientes. Hoxe os problemas e os números son semellantes. Cómpre apostar por un Plan de Choque, e non derivar estes cartos aos concertos privados, que non solucionan os problemas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.