CCOO denuncia que PSA non parase a produción malia o anegamento das instalacións

O sindicato esixe a adopción de medidas para que non se repita unha situación similar
Publicado por o día 25/01/2021 na sección de Galicia,CC.OO,Sindicatos,Vigo

CCOO denuncia que PSA non parase a produción malia o anegamento das instalacións

O sindicato comarcal de CCOO-Industria de Vigo denuncia que non se parase a produción na planta de PSA Peugeot Citroën malia o anegamento das instalacións. Debido ao temporal Hortense, os traballadores e traballadoras padeceron tanto as precipitacións procedentes das filtracións do teito, como desde o subsolo, pois o nivel da auga rebordou a capacidade das tubaxes.

Nin sequera a presenza do director da planta, quen puido ver in situ os efectos do temporal, levou a que «ninguén mostrase a máis mínima preocupación pola situación que se estaba a sufrir», critica o sindicato.

CCOO esixe que se tomen medidas para que un episodio así «non se repita» e que a xornada nocturna de xoves a venres se aboe como extraordinaria.