CCOO denuncia unha vez máis a falta de seguridade que están a padecer os traballadores do PAC (punto de atención continuada) de Vigo no desenvolvemento da súa actividade diaria.
Esta pasada noite volveu a repetirse a situacion cunha nova agresión por parte dun usuario. CCOO xa presentara unha denuncia na inspección de traballo tras manter distintas reunións e solicitar en distintas ocasións á xerencia da EOXI de Vigo que dote de seguridade ao centro, sen que a xerencia adopte medida algunha para remediar esta situación.
Para CCOO é inadmisible que o persoal acuda a diario aos seus postos de traballo con medo pola falta de seguridade, xa que é habitual que teñan que chamar á policía para que acuda ao centro por algún altercado.
A situación vese agravada pola concentración de tódalas urxencias, de xeito que o volume de usuarios que se atenden a diario é moi numeroso.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.