CCOO denunucia ante a inspección de traballo a situación de inseguridade que está a padecer o persoal do PAC de Vigo (punto de atención continuada-urxencias extrahospitalarias)

Publicado por o día 04/10/2018 na sección de CC.OO,Sanidad,Sindicatos

CCOO denunucia ante a inspección de traballo a situación de inseguridade que está a padecer o persoal do PAC de Vigo (punto de atención continuada-urxencias extrahospitalarias)

CCOO ven de denunciar ante a inspección de traballo a falta de seguridade que están a padeceer os traballadores do PAC (punto de atención continuada) de Vigo no desenvolvemento da súa actividade diaria. CCOO decidiu presentar a denuncia tras manter distintas reunións e solicitar en distintas ocasións á xerencia da EOXI de Vigo que dote de seguridade ao centro, obtento unha resposta negativa por parte da mesma.

Para CCOO é inadmisible que o persoal acuda a diario aos seus postos de traballo con medo pola falta de seguridade, xa que é habitual que teñan que chamar á policía para que acuda ao centro por algún altercado.

A situación vese agravada pola concentración de tódalas urxencias, de xeito que o volume de usuarios que se atenden a diario é moi numeroso.