CCOO e GDOCE asinan un convenio para a difusión cursos de formación gratuítos

GDOCE ofrece a través da web formate.es centos de accións formativas de diferentes sectores, impartidas por entidades con ampla experiencia
Por o 28/10/2017 | Sección: CC.OO,Formación,Sindicatos
CCOO e GDOCE asinan un convenio para a difusión cursos de formación gratuítos

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) e GDOCE asinaron un convenio de colaboración para a difusión de cursos de formación totalmente gratuítos, xa que están financiados polo Servizo Público de Emprego. As accións formativas están dispoñibles na web formate.es e impártenas entidades con ampla experiencia.

Actualmente, formate.es ofrece centos de cursos de 64 sectores diferentes. A través da páxina web é posible segmentar as accións formativas atendendo á localidade de impartición ou á área profesional.

Os cursos son gratuítos, dirixidos a traballadores e traballadoras en activo e ao remate dos mesmos entregarase un diploma oficial.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.