CCOO e UGT orgañiza o XXI Encontro sindical da muller

Baixo o lema “A igualdade no mercado laboral superando obstáculos, rompendo barreiras”
Publicado por o día 04/10/2016 na sección de CC.OO,Sindicatos,UGT,Vigo

CCOO e UGT orgañiza o XXI Encontro sindical da muller

As secretarías da muller de UGT e CCOO en Vigo, en colaboración coa  Concelleria da Muller, organizan  o XXI Encontro sindical da muller, que terá lugar os días 6 e 7 de outubro, no Hotel Coia.

A precariedade laboral, a discriminación salarial, as dificultades para conciliar a vida persoal, familiar e laboral, as menores taxas de ocupación ou a grande invisibilidade das situacións de acoso sexual e por razón de sexo nos centros de traballo son altas barreiras ás que as mulleres se enfrontan nas empresas e, por suposto, á violencia de xénero que ten repercusións en todos os eidos.

Por iso, nestas xornadas, a través da exposición de diversas ponentes farase fincapé na importancia do apoderamento, de concibir a empresa en feminino, das medidas de conciliación, da loita contra a violencia de xénero, así como, dos mecanismos e ferramentas dispoñibles para actuar fronte a situacións de discriminación desde a perspectiva de xénero.

Concretamente, o xoves día 6, terá lugar o acto de apertura no Hotel Coia de Vigo ás 10.00 horas. Neste intervirán a concelleira de Igualdade, Normalización lingüística e Xuventude do Concello de Vigo, Uxía Blanco; a secretaria de Igualdade e Política social da Unión comarcal de CCOO de Vigo, Elena Rodríguez; e María Dolores Somoza en  representación da Unión comarcal de UGT de Vigo.

Xa ás 10.30 a especialista en emprendemento feminino Fátina Rodríguez falará sobre “Empresa en feminino: a realidade do emprendemento e as políticas de igualdade”.

Ás 12.00 horas está programado un obradoiro sobre “Técnicas e importancia da utilización dunha linguaxe inclusiva” que dirixirá Llerena Pedrozo, feminista especializada en comunicación, xénero, cultura e medio ambiente.

Estes encontros retomaranse o venres, día 7, a partir das 9.30 horas cunha intervención sobre “O acoso sexual e o acoso por razón de sexo no ámbito laboral” que correrá a cargo da secretaria da Muller, Xuventude e Cooperación do SN de CCOO de Galicia, Mabel Pérez.

Ás 10.15 a secretaria de Igualdade, Xuventude e Movementos sociais de UGT-Galicia, Mónica Rodríguez explicará o “Protocolo para a detección e tratamento de situación de violencia de xénero na empresa”.

Pola súa banda, Carmen Clavería, psicóloga clínica, especialista en intervención social con mulleres, dirixirá o obradoiro sobre “Sensibilización contra a violencia de xénero” a partir das 11.30 horas.

Ás 12.30 daranse a coñecer as conclusións froito destas dúas xornadas de traballo e ás 13.30 terá lugar a clausura.