CCOO e UGT organizan en Vigo os XXII Encontros Sindicais da Muller

Terán lugar os días 9 e 10 de novembro, de 09.30 a 13.30 h, no Hotel Coia
Publicado por o día 03/11/2017 na sección de CC.OO,Galicia,Sindicatos,UGT,Vigo

CCOO e UGT organizan en Vigo os XXII Encontros Sindicais da Muller

Os días 9 e 10 de novembro terán lugar no Hotel Coia de Vigo os XXII Encontros Sindicais da Muller, baixo o título «A igualdade de xénero, a debate». Dez anos após a promulgación das leis galega e estatal, CCOO e UGT convidan a reflexionar sobre os avances que supuxeron, a súa incidencia real e os aspectos que cómpre reformular.

Para este efecto, a xornada contará coa experiencia e visión de mulleres procedentes de oficios relacionados co mar e sectores eminementemente masculinizados. Terán lugar os días 9 e 10 de novembro, de 09.30 a 13.30 h, no Hotel Coia