CCOO e UGT requiren á delegada da Xunta Dña Corina Porro que manteña a reunión á que se comprometeu o 23 de decembro para tratar a situación das residencias

A día de hoxe, a Xunta aínda non informou do número de residentes falecidos por cada residencia, producidas no ámbito da residencia , no hospital ou calquera outro ambito.
Publicado por o día 11/05/2020 na sección de CC.OO,Coronavirus,Galicia,Salud,Sanidad,Sindicatos,UGT,Vigo

CCOO e UGT requiren á delegada da Xunta Dña Corina Porro que manteña a reunión á que se comprometeu o 23 de decembro para tratar a situación das residencias

CCOO e UGT requiren á delegada da Xunta Dña Corina Porro que manteña a reunión á que se comprometeu o 23 de decembro para responder ao escrito de demandas presentadas polas centrais sobre a situación de atención nas residencias de maiores de Vigo antes da pandemia, e pedir explicacións sobre a actuación da Xunta nas residencias perante a pandemia do covid-19.

A día de hoxe, a Xunta aínda non informou do número de residentes falecidos por cada residencia, producidas no ámbito da residencia , no hospital ou calquera outro ambito.

Especialmente as producidas nas residencias DOMUSVI-Aldan e DOMUSVI-Barreiro, ambas privadas pero construídas en terreos públicos. Estas residencias pertencentes ao imperio DOMUSVI, a multinacional con capital do Reino Unido (ICG) e Frances (Sagesse Retraite Sante), herdeira das residencias promovidas pola sociedade mixta Público-Privada SOGASERSO, constituída polo Goberno PSOE-BNG en 2005 e que coa chegada de Feijóo á Xunta en 2009 perdeu o carácter público e comezou o camiño promovido pola Xunta para ser a empresa máis grande, con capital procedente de fondos especulativos estranxeiros de España, e con máis de 30 centros residenciais en Galicia.

Tamén piden unha explicación sobre o porqué do 50% das mortes de anciáns aislados en residencias, quedando desasistidos do seu dereito de ser atendidos no centro hospitalario, a pesar da suficiente dispoñibilidade de camas de UCI durante todo o período, e que se foran usadas poderían evitar mortes.

Comentar noticia

Your email address will not be published.