CCOO e UGT rexistran a convocatoria de folga do 8 de marzo

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras e UGT-Galicia presentaron esta mañá en conferencia de prensa a folga convocada para o vindeiro 8 de marzo e as mobilizacións previstas. Como xa se avanzou días atrás, CCOO e UGT acordaron paros de dúas horas de duración: das 00:00 ás 02:00, das 12:00 ás 14:00 e das 19:30 ás 21:30. Tras a comparecencia perante os medios de comunicación, as organizacións sindicais rexistraron formalmente a convocatoria.
Publicado por o día 19/02/2018 na sección de CC.OO,Sindicatos,UGT

CCOO e UGT rexistran a convocatoria de folga do 8 de marzo

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras e UGT-Galicia presentaron esta mañá en conferencia de prensa a folga convocada para o vindeiro 8 de marzo e as mobilizacións previstas. Como xa se avanzou días atrás, CCOO e UGT acordaron paros de dúas horas de duración: das 00:00 ás 02:00, das 12:00 ás 14:00 e das 19:30 ás 21:30. Tras a comparecencia perante os medios de comunicación, as organizacións sindicais rexistraron formalmente a convocatoria.

En declaracións aos medios de comunicación, as secretarias da Muller de CCOO e UGT, Mamen Sabio e Mónica Rodríguez, respectivamente, salientaron a coincidencia de motivos entre os sindicatos e outras organizacións sociais verbo da «pertinencia» de convocar a folga.

Ambas as sindicalistas denunciaron a «pasividade» dos Gobernos español e galego canto ás políticas de igualdade e chamaron a secundar os paros parciais do 8 de marzo contra as «desigualdades estruturais, as brechas de xénero e as violencias machistas, como forma de visibilizar a precariedade laboral e social».

Segundo a voceira de CCOO, «temos que dar un paso adiante» para combater estas desigualdades. Alertou especialmente sobre a fenda salarial, xa que os menores salarios de hoxe van representar unha mingua nas pensións futuras. «Róubannos salario e róubannos pensións», enfatizou.

Por esta razón, salientou Sabio, os sindicatos, como representantes dos traballadores e das traballadoras, «debemos facer visibles» estas reivindicacións.