CCOO e USO rexeitan a convocatoria de folga nos aeroportos da Coruña e Santiago de Compostela

Os sindicatos critican que a UGT pretende «facer campaña publicitaria» a conta da folga de Barcelona

CCOO e USO rexeitan a convocatoria de folga do persoal de seguridade nos aeroportos da Coruña e Santiago de Compostela, anunciada en solitario pola UGT. OS sindicatos critican que se convoque de costas aos traballadores e traballadoras e lamentan que a UGT pretenda «facer campaña publicitaria» a conta da folga deste mesmo colectivo no aeroporto de Barcelona.

As seccións sindicais das organizacións que neste momento compoñen a representación legal do persoal estaban a preparar as reclamacións das traballadoras e traballadores, co obxectivo de trasladarllas á patronal e iniciar as negociacións.

Por esta razón, CCOO e USO rexeitan a convocatoria de folga antes mesmo de que inicien as negociacións. Non descartan, con todo, que se chegue a convocar no caso de que non fructifiquen, pero antes deben comezar.

Por último, CCOO e USO afirman apoiar «totalmente» as reivindicacións do persoal e anuncian que se marcarán datas para a celebración de asembleas nos centros de traballo.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

AreoportosEulen

SIGUENOS EN TELEGRAM