CCOO empraza a Navantia e á SEPI para tratar «urxentemente» o plan estratéxico

A Federación de Industria do sindicato agarda que a mesa de negociación se poida constituír este mesmo mes
Por o 07/11/2017 | Sección: CC.OO,Ferrol,Galicia,Sindicatos
CCOO empraza a Navantia e á SEPI para tratar «urxentemente» o plan estratéxico

CCOO alerta da «preocupante» deterioración da situación de Navantia por mor dos continuos atrasos na negociación dos proxectos de futuro. Por esta razón, empraza a dirección da empresa pública e a SEPI a abordar «urxentemente» o plan estratéxico. A Federación de Industria do sindicato agarda que a mesa de negociación se poida constituír este mesmo mes.

 Segundo CCOO, o contexto xa é «complicado» de seu pola inestabilidade política e económica, especialmente polas dúbidas respecto dos orzamentos xerais do Estado para o 2018.

CCOO esixe a Navantia e á SEPI «sentido da responsabilidade, altura de medidas e perspectiva a medio e longo prazo». Partindo desta premisa, a Federación de Industria do sindicato amosa a «plena disposición e compromiso» para iniciar canto antes as negociacións do plan estratéxico, mais tanto a SEPI como Navantia deben tamén cumprir os compromisos adquiridos con anterioridade.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.