CCOO-Ensino apoia as reivindicacións de profesorado e familias do CEIP Castelao de Navia

CCOO-Ensino Vigo concorda coas denuncias que familias e profesorado do centro veñen facendo no tocante á perigosidade e falta de limpeza por mor das obras
Por o 15/09/2017 | Sección: CC.OO,Educación,Galicia,Sindicatos,Vigo
CCOO-Ensino apoia as reivindicacións de profesorado e familias do CEIP Castelao de Navia

O sindicato amosa a súa preocupación polas condicións nas que se atopa o colexio e esixe a Xefatura Territorial e Inspección que garanta as máximas condicións de seguridade para o alumnado e o profesorado do centro. Nesta liña, tamén esixen as máximas garantías sanitarias para que tanto alumnado como profesorado, especialmente aqueles con enfermidades respiratorias, non sufran as consecuencias do po en suspensión ou dos efluvios dos materiais empregados na obra.

Por outra banda, CCOO-Ensino empraza a Xefatura a que aclare se a empresa non non cumpriu cos prazos acordados para o remate da obra ou se era coñecedora da situación, o que suporía unha neglixencia da administración que se viu obrigada a adiar o comezo das clases porque o Inspector desentendeuse do problema pese ás denuncias da ANPA. Aínda así, o sindicato cre moi urxente dar unha solución inmediata como autoridade competente pensando na comunidade educativa e non nos intereses da empresa.

Por último, CCOO-Ensino anima ás familias, ANPA e profesorado a non cesar nas súas protestas e reivindicacións, que son de sentido común, lóxicas e necesarias.