CCOO-ensino esixe o cesamento do Xefe territorial da Consellería de Educación en Pontevedra

CCOO-ensino denuncia a falta de negociación das vacantes de ensino primario a dotar de forma provisional no vindeiro curso
Publicado por o día 29/07/2020 na sección de CC.OO,Educación,Sindicatos

CCOO-ensino esixe o cesamento do Xefe territorial da Consellería de Educación en Pontevedra

CCOO-Ensino denuncia que a Xefatura Territorial de Pontevedra decidiu unilateralmente ignorar á Xunta de Persoal Docente e non convocar ningunha reunión, nin presencial, nin telemática, para a negociación de vacantes de persoal docente para o vindeiro curso. Durante varias semanas se lle solicitou á Xefatura Territorial a convocatoria dunha reunión, sen ningún tipo de resposta. O día 23, tan só dous días hábiles antes da data de publicación provisional do CADP do corpo de Mestres, recíbese a proposta de vacantes para o vindeiro curso 2020-2021, limitando as posibilidades de negociación e reclamación de vacantes.

CCOO-Ensino acha que este feito ten especial gravidade no contexto da crise do COVID-19, que vai a determinar uns cadros de persoal reforzados o vindeiro curso, e deixa claro a falta total de respecto da Xefatura Territorial de Pontevedra ás traballadoras e traballadores do ensino e ós seus representantes legais.

CCOO demanda o cesamento do xefe territorial de Pontevedra como responsable da Consellaría na provincia polo desprezo aos representantes legais do profesorado, a súa falta de talante negociador e a vulneración do proceso de negociación.

Comentar noticia

Your email address will not be published.