CCOO-Ensino pide a implicación de profesorado e claustros nas mobilizacións pola homologación salarial docente

O sindicato solicita que se dirixan á Consellaría de Educación cun pronunciamento «rotundo» de apoio ás peticións que o sindicato formula na mesa sectorial
Por o 11/06/2018 | Sección: CC.OO,Educación,Sindicatos
CCOO-Ensino pide a implicación de profesorado e claustros nas mobilizacións pola homologación salarial docente

A Federación do Ensino de CCOO de Galicia pide a implicación do profesorado e dos claustros nas mobilizacións pola homologación salarial docente. O sindicato solicita que se dirixan á Consellaría de Educación, por correo electrónico ou postal, cun pronunciamento «rotundo» de apoio ás peticións que o sindicato formula na mesa sectorial.

O pasado venres, día 8, racháronse as negociacións, polo que o sindicato decidiu iniciar esta campaña de apoio. CCOO esixe que a Consellaría retire a súa última proposta e elabore outra que «respecte o profesorado» e permita conducir «a bo porto» as negociacións.

Diferenzas nas cifras e no calendario

Cómpre lembrar que a última proposta de Educación prevé un incremento de 80 euros mensuais que se alcanzaría no ano 2021, co seguinte calendario de aplicación: 10 euros o 1 de setembro do 2018, 15 euros o 1 de xaneiro de 2019, 25 euros o 1 de xaneiro de 2020 e os 30 euros restantes o 1 de xaneiro de 2021.

Porén, CCOO-Ensino reivindica que o incremento sexa de 100 euros mensuais e que esa cantidade se consiga un ano antes do previsto pola Xunta, isto é, o 1 de xaneiro do 2020, «na mesma liña que o acordo ao que se chegou no sector da Xustiza», enfatizan desde Comisións.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.