CCOO esixe a convocotoria urxente do consello escolar municipal para tratar o inicio do curso

Publicado por o día 08/09/2020 na sección de CC.OO,Galicia,Sindicatos,Vigo

CCOO esixe a convocotoria urxente do consello escolar municipal para tratar o inicio do curso

As persoas delegadas de CCOO no Consello Escolar Municipal de Vigo veñen de solicitar por escrito a súa convocatoria urxente para tratar de xeito monográfico o inicio deste curso escolar, marcado pola situación de pandemia sanitaria.

O Consello Escolar, órgano no que están representados os diferentes sectores da comunidade educativa, que leva sen xuntarse desde outubro de 2019 pola declaración do estado de alarma e as restricións derivadas deste, foi renovado na súa totalidade este verán, razón que alegan os dous representantes de CCOO para solicitar a súa xuntanza coa máxima urxencia para debater o inicio dun curso difícil marcado pola situación sanitaria e que requirirá da máxima colaboración entre profesorado, familias, alumnado e institucións.

Con independencia das competencias en materia educativa, que son exclusivas da Xunta de Galicia, CCOO cre imprescindible a xuntanza deste órgano deliberativo dada a situación de excepcionalidade que estamos a vivir porque o alumnado merece todos os esforzos posibles, de todos e todas, para que a súa volta á escola sexa coas máximas garantías posibles.

Comentar noticia

Your email address will not be published.