CCOO esixe ao sergas e á xerencia da área sanitaria de Santiago solucións aos colapsos nos servizos de urxencias do Hospital Clínico

A federación de sanidade de CCOO de Santiago, quere manifestar a preocupación pola situación do servizo de urxencias do Hospital Clínico.
Por o 04/01/2018 | Sección: CC.OO,Sanidad,Sindicatos
CCOO esixe ao sergas e á xerencia da área sanitaria de Santiago solucións aos colapsos nos servizos de urxencias do Hospital Clínico

A federación de sanidade de CCOO de Santiago, ven manifestar a preocupación pola situación do servizo de urxencias do Hospital Clínico.

CCOO ven denunciando a situación desde hai máis dun mes, e alertamos de que o peor estaba por chegar. No día de onte no servizo de urxencias de adultos, despois da triaxe , os pacientes tiveron que agardar no pasillo nunha cola que rodea o servizo (ata 20 pacientes) , agardando para ser atendidos. A falta de padiolas no servizo empeora esta situación. O mesmo ocorre en urxencias de pediatría, onde pode haber ata 15 nenos en espera. Houbo espera no pasillo ata as 3:30 da maña, cunha media de 8-10 pacientes, quedando 13 pacientes pendentes de ingreso. Esta situación vese agravada pola non sustitución das ausenzas do persoal tanto no hospital coma nos centros de atención primaria.

CCOO esixe ao SERGAS e á xerencia solucións urxentes que deben pasar pola contratación de persoal específico para os servizos de urxencias. Cobertura das ausencias por I.T., días libres, etc do persoal de atención primaria. Aínda máis graves son as ausencias de pediatras, que implican que moitos nenos-as, que podían ser atendidos en primaria, acudan directamente aos hospitais.  Optimización de todos os recursos sanitarios disponibles, neste senso esiximos que estén disponibles todas as camas hospitalarias.

O Sergas sabe que xa chegou o momento anunciado, e non é posible programar a enfermidade nin por elo a afluencia as urxencias, pero si se pode prever o incremento de doentes neste período e programarse as medidas a tomar que palien a situación, engade o sindicato.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.