CCOO esixe o fin da precariedade laboral no SERGAS, en cumplimento da sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea declarou nunha sentenza coñecida o pasado xoves día 15 de setembro como contraria á normativa europea o encadenamento de contratos que se veñen facendo reiteradamente nos diferentes servizos de saúde.
Por o 17/09/2016 | Sección: CC.OO,Sanidad,Sindicatos,Vigo
CCOO esixe o fin da precariedade laboral no SERGAS, en cumplimento da sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea
Compartir en:

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea declarou nunha sentenza coñecida o pasado xoves día 15 de setembro como contraria á normativa europea o encadenamento de contratos que se veñen facendo reiteradamente nos diferentes servizos de saúde.

Esta tése, defendida nos últimos anos por CCOO e outras orgaizacións sindicais, xa que entendíamos que estaban a precarizar a actividade laboral, xa que necesidades permanentes non deben convertirse, de forma fraudulenta, en contratos sucesivos.

Estas prácticas, habituais no ámbito do SERGAS, supuñen que de xeito habitual miles de profesionais tiveran que realizar decenas de contratos, negándoselle a posibilidade dunha contratación estable e prexudicando notablemente a calidade asistencial pola excesiva rotación que impide aos profesionais adaptarse o posto de traballo. Cómpre lembrar que nun mes, algúns traballadores chegaron a encadenar mais de 20 contratos.

Esta é unha das causas da progresiva disminución do emprego no SERGAS e a non convocatoria das prazas reais existentes, como reiteradamente foi denunciado por CCOO.

CCOO entende que a sentenza debe suporo fin da precaridade, e esiximos a convocatoria da mesa sectorial de sanidade xa que reclamamos unha modificación lexislativa e a recuperación das 1.800 prazas perdidas nestes anos no SERGAS.