CCOO esixe a reposición do financiamento recortado ao sector postal público ou convocará folgas

O sindicato, maioritario en Correos, oponse á «tesoirada» do 70 % nos orzamentos do Estado para este ano

CCOO esixe a reposición do financiamento recortado ao sector postal público, unha «tesoirada» do 70 % que deteriorará aínda máis o servizo. O sindicato, maioritario en Correos, anuncia a convocatoria de folgas se non se corrixe a situación, e así o reiterará mañá venres, día 9, na xuntanza convocada polo Ministerio de Fomento.

No inicio do debate dos orzamentos xerais do Estado para este 2017, CCOO xa criticara o recorte dun terzo do financiamento, e de medio millón máis posteriormente. Porén, a eliminación de 63 millóns adicionais representan a supresión de 123 dos 180 inicialmente orzados, unha mingua de case o 70 % que «carece de xustificación».

CCOO rexeita que Correos sexa «moeda de cambio» para que o PP consiga salvar os orzamentos do Estado. Asegura que este «ataque» ao servizo postal público levará Correos á creba ou converteraa nunha «empresa de baixo custo».

O sindicato acusa o PP de «non se preocupar» polas persoas que se verán prexudicadas, tanto traballadoras e traballadores como cidadanía en xeral, pois Correos dá servizo a máis de oito mil municipios en toda España, dos cales case o 4 % son galegos.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

CORREOS

SIGUENOS EN TELEGRAM