A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO-Sanidade) estuda mobilizcaións se a patronal das residencias privadas da terceira idade non introduce melloras no convenio colectivo. O sindicato critica que, após varios meses de reunións, as empresas do ámbito rexeitaron negociar: unicamente formulan recortes de dereitos, negándose a escoitar propostas de mellora.
Na última xuntanza, os sindicatos presentaron unha proposta que consideran «realista», que consistiría nun incremento salarial do 1,5 % para este ano e 2017. Así mesmo, percibir en doce meses o complemento de asistencia e incluílo no salario base.
Así mesmo, as organizacións sindicais pediron a retirada das propostas patronais que pretendían endurecer o rexime disciplinario, e solicitaorn tamén que se respecten as cuestións relativas á antigüidade do persoal, que se manteña a cláusula de ultraactividade do convenio e que a xornada anual se reduza en vinte e unha horas. Como xa se indicou, as empresas do ámbito non aceptaron ningunha das propostas.
CCOO agardará ata o vindeiro 26 de outubro para coñecer a oferta definitiva que formule a patronal. Con todo, se non houber ningún cambio, o sindicato porase en contacto con outras orgainzacións para convocar mobilizacións conxuntas.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.