CCOO estuda denunciar na Fiscalía o «desleixo» co Hospital Psiquiátrico de Conxo, seriamente afectado pola covid-19

A Federación de Sanidade de CCOO estuda cos seus servizos xurídicos unha denuncia na Fiscalía polo «desleixo» na xestión do Hospital Psiquiátrico de Conxo e o «abandono» institucional aos seus residentes, «moitos deles incapacitados». Este centro está seriamente afectado pola covid-19. No último cribado, o venres 22, saíu á luz un novo gromo nunha unidade residencial, que se suma ao xa detectado na unidade somática, que afectou á totalidade de pacientes e persoal.
Publicado por o día 25/01/2021 na sección de Sanidad,CC.OO,Coronavirus,Sindicatos

CCOO estuda denunciar na Fiscalía o «desleixo» co Hospital Psiquiátrico de Conxo, seriamente afectado pola covid-19

A Federación de Sanidade de CCOO estuda cos seus servizos xurídicos unha denuncia na Fiscalía polo «desleixo» na xestión do Hospital Psiquiátrico de Conxo e o «abandono» institucional aos seus residentes, «moitos deles incapacitados». Este centro está seriamente afectado pola covid-19. No último cribado, o venres 22, saíu á luz un novo gromo nunha unidade residencial, que se suma ao xa detectado na unidade somática, que afectou á totalidade de pacientes e persoal.

CCOO-Sanidade denuncia que, desde o comezo da crise sanitaria, hai xa dez meses, non se fixo ningunha intervención neste centro, nin se avaliaron os espazos, nin o estado das unidades. Tampouco se reforzou o servizo de limpeza, nin se dotou de máscaras FFP2 a todo o persoal —contrariamente ao recollido no plan específico de prevención— ata que se produciu o gromo.

Comisións xa alertara a Xerencia da Área Sanitaria Santiago-Barbanza sobre a importancia de evitar a entrada do coronavirus neste hospital pois, polo seu estado, sería difícil evitar a propagación. Se a doenza non chegou antes «foi grazas ao esforzo e imaxinación do persoal para afrontar as carencias», apunta o sindicato.

Medio ideal para a propagación do virus

A estrutura do edificio, con espazos moi reducidos, sen cuartos individuais que permitan un illamento e nos que hai que compartir comedor, aseos ou salas de lecer «son o medio ideal para a propagación do virus», sinala CCOO.

Desde a organización sindical denuncian tamén a «pasividade» do xefe do servizo de saúde mental, que non apareceu polo centro neste período de crise. Isto, sumado á falta de indicacións e protocolos de actuación claros, provocou o agravamento da situación desde o pasado 11 de xaneiro. «Por riba, retiraron un médico internista que de luns a domingo atendía as necesidades de todo o centro», denuncia CCOO.

Una respuesta para "CCOO estuda denunciar na Fiscalía o «desleixo» co Hospital Psiquiátrico de Conxo, seriamente afectado pola covid-19"