CCOO de Galicia critica a permanente campaña do SERGAS ano tras ano de peche de camas

Por o 24/05/2017 | Sección: CC.OO,Sanidad,Sindicatos,Vigo
CCOO de Galicia critica a permanente campaña do SERGAS ano tras ano de peche de camas

A federación de sanidade de CCOO de Galicia critica a permanente campaña do SERGAS ano tras ano de peche de camas,  servizos e plantas de hospitalización e a inoperatividade dun número importante de quirófanos.

CCOO, insta o SERGAS a aproveitar a millor época do ano como é o verán, xustamente para actuar en dirección contraria. Por iso propón as seguintes medidas:

1º) Un funcionamento de tódalas camas e quirófanos nos meses de verano. Que os quirófanos e servizos centrais (raios, laboratorios, etc.) funcionen con normalidade e non sóo para urxencias na quenda de tardes.

2º) CCOO, esixe sustituir horas extras, en forma de “peonadas” en atención especializada e “voluntariedade” en atención primaria, por contratos para persoal que están no paro o forman parte das listas de contratación.

3º) Fai 3 anos, CCOO facía un estudo que sigue sendo válido e donde propuxéramos o SERGAS aplicar iste plan e indicábamos a posibilidade de reducir en vinte mil persoas os tres meses de verán, xa que pola redución de doenzas respiratorias posibilita menor afluencias as urxencias e os centros sanitarios. Por iso debemos utilizar nesta época o 100% dos recursos para combatir as insufribles listas de espera cirúrxicas, probas diagnósticas e certas consultas.