CCOO homenaxea as vítimas do campo de concentración de Camposancos

Homenaxe civil no cemiterio de Sestás e charla-coloquio no Centro Cultural da Guarda
Publicado por o día 23/10/2017 na sección de CC.OO,Eventos,Sindicatos

CCOO homenaxea as vítimas do campo de concentración de Camposancos

Coma cada ano, Comisións Obreiras homenaxeará as vítimas do campo de concentración de Camposancos, asasinadas e soterradas no cemiterio de Sestás (A Guarda) durante a Guerra Civil. Nesta ocasión será o vindeiro xoves, 26 de outubro.

O sindicato prepara dous actos en lembranza destas republicanas e republicanos que loitaron polas liberdades:

— 17.30 h: homenaxe civil no cemiterio de Sestás
— 19 h: charla-coloquio no Centro Cultural da Guarda, onde Bernardo Vázquez Acuña disertará sobre «Os consellos de guerra: a xustiza do revés».