CCOO insta á Xunta e ao Concello de Vigo a solucionar os problemas coa calefacción en varios centros de ensino de Vigo

A Federación de Ensino de CCOO amosa a súa seria preocupación pola falta de calefacción que denuncian sufrir varios centros escolares públicos de Vigo e pedirá formalmente ás administracións competentes coordinación para solucionalo inmediatamente e garantir unhas condicións dignas de estudo e traballo para o alumnado, profesorado e persoal non docente.

O sindicato cualifica a situación como moi grave e totalmente inaceptable nas condicións actuais, estando en pleno inverno e no contexto da pandemia pola COVID que obriga a unha ventilación permanente para reducir o risco de contaxio, como recollen os protocolos educativos e sanitarios vixentes. Sen calefacción nas aulas e coas ventás abertas non se dan as condicións mínimas para a comodidade e o benestar do alumnado e do profesorado, que xa traballan con eficiencia para levar a cabo o seu traballo en plena pandemia.

Por outra banda, dado que a instalación da calefacción é competencia autonómica e o mantemento é competencia municipal, CCOO insta ás administracións públicas a coordinarse e cumprir coas súas obrigas coa cidadanía, polo que deben revisarse as instalacións actuais e determinar se cómpre arranxalas ou substituílas por equipos novos e máis eficientes, dada a súa antigüidade e o desgaste após décadas de funcionamento. Para iso, CCOO presentará unha proposta na vindeira Xunta de Persoal Docente de Pontevedra, órgano que xunta ás organizacións sindicais coa Xefatura Territorial da Consellería de Educación, máxima autoridade educativa na provincia e no Consello Escolar Municipal de Vigo.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM