CCOO lamenta a morte dun mariñeiro ao embarrancar o seu barco preto do castro de Baroña

O sindicato pide que actúe «decontado» a Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos para esclarecer as causas e previr novos sinistros

O sector do Mar de CCOO de Galicia lamenta a morte dun mariñeiro ao embarrancar preto do castro de Baroña (Porto do Son) o cerqueiro ‘Divina del Mar’, con base en Portosín, no mesmo concello. O sindicato transmítelle a súa solidariedade e afecto á familia do falecido.

O sindicato vai pedir na Executiva Provincial do Instituto Social da Mariña que se dea unha «resposta rápida e con todos os medios dispoñibles», así como unha atención «meticulosa» aos sobreviventes e aos familiares do falecido.

Así mesmo, CCOO pide que actúe «decontado» a Comisión de Permanente de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos para determinar as causas e previr novos sinistros no mar.

O sector do Mar de CCOO manifesta que o sindicato traballa para que a seguridade e a saúde sexan parte fundamental das condicións de traballo, de xeito que «non o teñamos que pagar coa nosa vida». Para o sindicato, este accidente debe ser «motivo de reflexión para non relaxar o traballo en materia preventiva».

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM