A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia convoca concentracións o día 1 de marzo na Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Viveiro, Lugo, Vilagarcía de Arousa, Ourense e Vigo, así como unha manifestación en Pontevedra. Con estas accións reivindicativas, o sindicato insiste na necesidade de revalorizar as pensións.
Precisamente, na comisión parlamentaria do Pacto de Toledo, CCOO presentou posibles medidas para mellorar os ingresos do sistema público de pensións e así conseguir a revalorización das prestacións. As propostas do sindicato incrementarían os ingresos do sistema en 71.000 millóns, o 6,3 % do PIB español.
Mobilizacións
— Ferrol: día 1 de marzo, ás 11.30, concentración diante do edificio da Xunta
— A Coruña: día 1 de marzo, ás 12.00, concentración diante da Tesouraría da Seguridade Social (praza de Vigo)
— Santiago de Compostela: día 1 de marzo, ás 12.00, concentración na praza do Toural
— Lugo: día 1 de marzo, ás 12.30, concentración diante da Subdelegacion do Goberno en Lugo.
— Viveiro: 1 de marzo, ás 12.00, diante das oficinas do INSS (rúa Gerardo Harguindey Banet, 7)
— Ourense: día 1 de marzo, ás 11.30, concentración diante do INSS
— O Barco: día 1 de marzo, ás 12.00, concentración na praza do Concello
— Pontevedra: día 1 de marzo, ás 11.30, manifestación con saída do INSS
— Vilagarcía de Arousa: día 1 de marzo, ás 11.30 diante da Oficina de Emprego (avda. de Castelao, 25)
— Vigo: día 1 de marzo, ás 11.00 diante do INSS de Coia
Noticias de última hora en Vigo