CCOO non participou onte en reunión ningunha coa Consellaría de Industria para tratar a situación do sector naval

O sindicato esíxelle á Xunta de Galicia unha estratexia global para a industria e «compromisos firmes, non palabras»
📣 Publicado por el 23/10/2019 en la sección de CC.OO - Galicia - Naval - Sindicatos - Vigo

CCOO non participou onte en reunión ningunha coa Consellaría de Industria para tratar a situación do sector naval

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) desmente as informacións que hoxe recolle algún medio de comunicación, situando este sindicato nunha reunión onte, na sede da Consellaría de Industria, para analizar a situación do sector naval de Vigo e en particular do estaleiro Barreras.

O sindicato nega que participase en tal xuntanza. «Se houbo algunha reunión, o noso sindicato non estivo presente, nin a través da súa dirección nacional, nin da Federación de Industria, nin da súa representación en Barreras».

CCOO amosa a súa disposición a participar en cantas reunións cumpran para chegar a unha solución para o sector naval da ría de Vigo, que «necesariamente requirirá dunha estratexia global para todo o sector industrial, non solucións puntuais; e compromisos firmes por parte da Xunta de Galicia, non palabras».

Comentar noticia

Your email address will not be published.