CCOO organiza en Vigo a xornada monográfica «Comunicación, sociedade e poder»

Tres xornalistas de tres medios de comunicación diferentes intentarán despexar algunhas cuestións sobre o papel da prensa na nosa sociedade
Publicado por o día 28/10/2017 na sección de CC.OO,Galicia,Sindicatos,Vigo

CCOO organiza en Vigo a xornada monográfica «Comunicación, sociedade e poder»

A Unión Comarcal de CCOO de Vigo organiza para o vindeiro luns, día 30 de outubro, unha xornada monográfica titulada «Comunicación, sociedade e poder», na que se achegará a realidade dos medios de comunicación no contexto actual e as súas relacións e influencias co resto da sociedade e poder. Comezará ás 9:30 h no hotel Coia.

Esta xornada estará presentada e moderada polo secretario comarcal de Comunicación, Eugenio de la Iglesia, e contará coa participación de tres xornalistas procedentes de medios de comunicación ben distintos: Jaime González, director de contidos informativos de Radio Vigo, Lara Graña, xornalista do Faro de Vigo e Xabier Fortes, xornalista e membro do Consello de Informativos de TVE.

Estes tres profesionais, coa interacción do público, intentarán dar resposta a cuestións como cal é o poder real dos medios de comunicación, se o xornalismo mudou moito nos últimos anos, cal é a función da prensa ou cal é a saúde actual dos medios de comunicación.