CCOO pídelle a Paradores solucións de consenso para os conflitos abertos

O sindicato non descarta outras actuacións se non se chega a unha resposta negociada
Publicado por o día 08/06/2017 na sección de CC.OO,Galicia,Sindicatos,Vigo

CCOO pídelle a Paradores solucións de consenso para os conflitos abertos

Delegadas e delegados de CCOO na empresa Paradores en toda Galicia, así como persoas afiliadas de Lugo e de Ourense, celebraron esta semana unha asemblea en Monforte de Lemos. Neste encontro decidiuse trasladarlle á Dirección de Recursos Humanos da empresa, a través do seu representante na zona norte, información sobre os conflitos que arestora preocupan a representación de CCOO nos Paradores de Galicia. No caso de que non se chegue a solucións de consenso, Comisións non descarta explorar outras vías.

Na asemblea tamén se avaliou o plan de traballo da sección sindical e debateuse sobre os principais problemas que afectan ao persoal dos Paradores de Galicia.

Nas conclusións salienta a necesidade de que as traballadoras e traballadores se afilien, xa que «CCOO é a canle axeitada para unha mellor defensa dos dereitos laborais», destacaron representantes do sindicato.