Comisións Obreiras (CCOO) rexeita o peche da factoría de Alcoa na Coruña, ao tempo que se solidariza cos compañeiros e compañeiras de Avilés (Asturias), aos que a multinacional anunciou a mesma medida. O sindicato alerta do grande impacto social dunha medida «desproporcionada e incomprensible», xa que a factoría coruñesa dá beneficios e emprega a case catrocentas persoas.
O sindicato e os traballadores mobilizaranse en defensa dos postos de traballo. Nada máis se coñecer a decisión, comezaron a concentrarse ás portas do centro de traballo para «impedir que saia un só gramo de metal», en referencia á materia prima utilizada na planta.
Noticias de última hora en Vigo