CCOO-Sanidade amosa a súa preocupación pola supresión da área sanitaria da Mariña

O sindicato alerta da precarización de servizos e dos desprazamentos de doentes a Lugo
Publicado por o día 17/08/2017 na sección de CC.OO,Galicia,Lugo,Sanidad,Sindicatos

CCOO-Sanidade amosa a súa preocupación pola supresión da área sanitaria da Mariña

O sindicato comarcal de CCOO-Sanidade amosa a súa preocupación pola supresión da área
sanitaria da Mariña, medida prevista pola Xunta na súa pretensión de modificar a actual Lei de saúde de
Galicia. O sindicato lembra que hai servizos xa «precarizados e con elevada listaxe de espera», como a
reumatoloxía, ou cun só especialista, como a rehabilitación, e alerta do desprazamento de doentes ao HULA
(Lugo), como acontece xa coas alerxias.

CCOO-Sanidade da Mariña coida que estes e outros servizos poden desaparecer do Hospital da Costa e
seren centralizados no HULA, o que obrigaría os doentes a faceren «longos desprazamentos» ata a capital
da provincia.

Para o sindicato, este tipo de medidas só van favorecer os intereses sanitarios privados e en absoluto ás
persoas usuarias dos servizos sanitarios. Por esta razón, CCOO esixe a retirada do anteproxecto de
reforma da Lei de saúde de Galicia e o reforzamento da Mariña, Monforte, O Barco e O Salnés como «áreas
sanitarias de seu, non como simples distritos».