A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia esíxelle ao Sergas un estudo sobre as causas da alta incidencia de COVID-19 entre o persoal da sanidade pública. Ao tempo que os datos de contaxios na poboación xeral amosan unha tendencia decrecente, aumentan cando se trata de traballadores e traballadoras da saúde, alerta o sindicato. «Dous meses e medio despois da declaración do estado de alarma, o Sergas debe explicar por que os profesionais deste ámbito se contaxian a un ritmo maior ca o resto», apuntan desde o sindicato.
Dos 350 contaxios na sanidade pública, 289 corresponden a persoal sanitario; destes, 119 enfermeiras e enfermeiros, 91 técnicos en coidados auxiliares de enfermaría e 79 médicas e médicos. O total de persoal contaxiado desde o comezo da pandemia é de 2239 positivos, incrementándose na última semana en 173 casos, cando no resto da poboación os casos activos diminuíron en 154 persoas, pasando de 1074 casos activos a 920.
CCOO denuncia a «pasividade» do Sergas, que aínda non tomou ningunha medida ao respecto, malia que o sindicato xa avisou da situación na última reunión do Comité Central de Seguridade e Saúde. «Se non coidamos a quen nos coida, non podemos estar preparados para un rebrote», advirte Lamas.
A Federación de Sanidade de CCOO pide un estudo «serio e rigoroso» para identificar as causas desta alta incidencia e poder tomar medidas correctoras. Así mesmo, o sindicato insiste en «non escatimar equipos de protección» para o persoal da sanidade pública.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.