CCOO sanidade de Vigo rexeita as manifestacións do conselleiro de sanidade Vázquez Almuiña referentes a non construir mais hospitais de xestión privada

Para CCOO os argumentos utilizados polo conselleiro son absolutamente inconsistentes, xa que non foi a crise os motivos da utilización do modelo privado no Hospital Álvaro Cunqueiro, se non de permitir o negocio privado a costa da reducción de camas, espazos, servizos e persoal. Non é a crise, porque como modelo acordado polo goberno bipartito o custe era de 400 millóns de euros e financiado pola SOCIEDADE PÚBLICA DE INVESTIMENTO (SPI) e construido por a UTE dispárase moi por riba dos 1.000 millóns.
Publicado por o día 09/03/2017 na sección de CC.OO,Sanidad,Sindicatos,Vigo

CCOO sanidade de Vigo rexeita as manifestacións do conselleiro de sanidade Vázquez Almuiña referentes a non construir mais hospitais de xestión privada
A executiva comarcal da federación de sanidade da comarca de Viga de CCOO, ven de rexeitar as manifestacións do conselleiro de sanidade Vázquez Almuiña referentes a non construir máis hospitais de xestión privada.
 
Para CCOO os argumentos utilizados polo conselleiro son absolutamente inconsistentes, xa que non foi a crise os motivos da utilización do modelo privado no Hospital Álvaro Cunqueiro, se non de permitir o negocio privado a costa da reducción de camas, espazos, servizos e persoal. Non é a crise, porque como modelo acordado polo goberno bipartito o custe era de 400 millóns de euros e financiado pola SOCIEDADE PÚBLICA DE INVESTIMENTO (SPI) e construido por a UTE dispárase moi por riba dos 1.000 millóns. Ata un neno de primaria entende isto.
 
A Xunta de Galicia apostou por este modelo cando coñecía o fracaso do mesmo noutros países e comunidades autónomas. Cando os pioneiros,os británicos renegaran del polas nefastas consecuencias: listas de espera, reducción de persoal, incremento das infecións hospitalarias e ademais da ruina económica do servizo de saúde británico, engaden desde o sindicato comisions obreiras. Laboristas e conservadores puxéronse dacordo en repudialo.
 
A Xunta de Galicia, ten no seu ADN a defensa do privado, neste caso das empresas privadas e por iso a situación da sanidade na comarca de Vigo. Recortan e privatizan o Cunqueiro, recortan camas e servizos no Meixoeiro e no Nicolás Peña. O desmantelamento da UCI do Meixoeiro e o principal motivo da inutilización de camas no Meixoeiro. E as consecuencias son coñecidas: listas de espera cirúrxicas, en probas diagnósticas e nas consultas de especializada e primaria escandalosas, manifiestan desde CCOO.
 
Aínda que o neguen, seguirán polo camiño marcado desde fai 9 anos, intentar cada vez privatizar mais e nos sectores mais rentables, o decreto de xestión clínica paralizado pola folga xeral da sanidade pública galega do 9 e 10 de decembro do 2013, claramente o pretendía.
 
CCOO, seguirá apostando pola recuperación do Álvaro Cunqueiro para a sanidade pública, por un Hospital do Meixoeiro co 100% de ocupación das camas e para elo é imprescindible ter unha unidade de críticos potente e que o Nicolás Peña recupere as camas da unidade de paliativos.
 
Non pode ser que “poderosos motivos” do negocio privado condicionen a nosa sanidade e a nosa saúde.