CCOO-Servizos logra a maioría nas eleccións do 061 en Santiago de Compostela

Publicado por o día 04/07/2017 na sección de CC.OO,Galicia,Santiago,Sindicatos

CCOO-Servizos logra a maioría nas eleccións do 061 en Santiago de Compostela

Nas eleccións parciais que tiveron lugar o pasado venres entre o persoal do 061 de Santiago de Compostela, a Federación de Servizos de CCOO logrou a maioría. A candidatura de CCOO-Servizos logrou tres representantes nun comité de cinco membros; os restantes foron para UGT e CUT.

A Federación de Servizos salienta o «avance» conseguido por CCOO, xa que incrementou a súa representación de dous a tres membros no comité.

CCOO analiza estes resultados como mostra do «grande apoio» do persoal do 061 ao traballo realizado polo sindicato nesta empresa a prol dos dereitos laborais. Desde Comisións agradecen a participación das traballadoras e traballadores do 061 no proceso electoral e a confianza depositada en Comisións Obreiras.