CCOO solicita a gratuidade de todos os parking do Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo

Publicado por o día 21/09/2018 na sección de CC.OO,Galicia,Sanidad,Sindicatos,Vigo

CCOO solicita a gratuidade de todos os parking do Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo

A Federación de Sanidade de CCOO de Vigo congratúlase coa inauguración do aparcadoiro promovido polo concello de Vigo no Hospital Álvaro Cunqueiro. Para CCOO é unha conquista da loita dos [email protected] do hospital e da cidadanía de Vigo. Despois da gran manifestación do 2015, conseguírase abaratar os costes do “parking privado” e o compromiso, hoxe realidade do parking municipal público e gratuito.

CCOO quere lembrar as manifestacións da voceira do P.P. de Vigo, Elena Muñoz, de solicitar a gratuidade do parking do hospital unha vez licitado o municipal. Hoxe, que ademais de licitado está rematado e inaugurado, preguntamos se vai cumprir a súa promesa, aínda que sexa tarde?.

CCOO esixe que todos os aparcadoiros do citado hospital sexan públicos e gratuitos, tanto o da concesionaria, ubicado nos sótanos do hospital, como o municipal no exterior. CCOO quere que sexan públicos e gratuitos, e para todos os cidadáns que teñan que utilizar o hospital, independentemente de onde residan. Para CCOO é inaceptable que a necesidade de aparcar e sin alternativa de facelo doutra maneira o convirtan nun copago mais.